O BNG considera inasumibel a situación dos servizos ferroviarios en Ferrol

Fot. Tráfico Ferrolterra
Fot. Tráfico Ferrolterra

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera inasumíbel a situación dos servizos ferroviarios na nosa cidade e o silencio que sobre o mesmo mantén tanto o goberno local como a Xunta de Galiza e destaca que o incendio do ferrocarril producido este venres é froito do abandono ao que se condenou este servizo na nosa cidade.

O BNG sinala que o incendio de onte, únese a outro tipo d situación que se veñen repetindo nos últimos meses e anos como usuarios e usuarias que se atopan sen servizo, por que non funcionan as maquinas, por que non se teñen medios para reparalas, usuarios que cando o seu ferrocarril chega con retraso à estación non poden sair da mesma por que se atopa pechada, convoios que circulan sen revisor, ou se dispoñen limitacións de velocidade nos traxectos pola falla de mantemento das vías, sitiacións que forman parte do día a día dos servizos ferroviarios na nosa cidade e que demostran a desídia na xestión deste servizo.

O BNG considera imprescindíbel que se acometan as melloras necesarias para rematar con estas situacións que impiden que os ferrocarrís poidan circular así como cos continuos atrasos que se veñen producindo nos servizos de Feve na Galiza, con grave prexuízo para as viaxeiras, que se acometan traballos urxentes de conservación e mellora da infraestrutura, en especial a consolidación de trincheiras, limpeza de vexetación e renovación de travesas, vías e balastro e se proceda a revisión e mantemento adecuados do material rodante dispoñíbel, así como a oportuna renovación.

O BNG sinala que para conseguirmos un servizo ferroviario digno para Ferrol e para o noso país cumpre actuar decididamente e considera que o problema da situación do ferrocarril non se resolve unicamente pedindo unha entrevista co Ministerio de Fomento ou con declaración públicas e esixe ao goberno local que se preocupe por manter viva unha via de comunicación como é o transporte ferroviario en vez de querer convertila nunha reliquia para expor nun museo.

Así mesmo desde O BNG censuran que non se queira demandar do Estado as transferencias en materia de ferrocarril interior, xunto cun financiamento axeitado, co obxectivo de crear unha compañía pública ferroviaria galega que mellore a prestación deste servizo no noso país e permita acometer as infraestruturas e desenvolver os servizos de transporte ferroviario na Galiza que contribúan a vertebración económica, social e territorial do país.

Lea también

«O Talentiño», certamen ferrolano que promueve el talento juvenil, ya en su recta final

«O Talentiño», el prestigioso certamen ferrolano del Concello de Ferrol que celebra y promueve el …

3 comentarios

  1. Que no mienta el BLoque. Utilizo el Feve todos los días y no hay supresión de ningún servicio salvo averías puntuales. Y creo que esta última fue la primera en el último mes. ¿Qué es lo que quieren? Recordemos que cuando se presentó el proyecto para remodelar el trazado Coruña-Ferrol fue el Bloque el que se opuso y presento miles de alegaciones. Bueno, en realidad el Bloque se opone siempre a todo, pero como son 4 gatos, lo mismo da que da lo mismo.

    • Estimado señor. Eu si viaxo diariamente nesta liña. Levamos máis de 500 supresións no que vai de ano, máis de 40 no mes de agosto. Ou non sabe contar, ou minte e non viaxa.

  2. O inasumible é que teñan tan pouca vergoña de usar a traxedia do accidente de O Porriño para facer política. Iso é a súa política, a política ruín e indigna.