Socorristas da piscina da Gándara reciben un curso de reciclaxe en reanimación

desa-reanimacion-naron

O Parque do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento de Narón acolleu esta mañá un curso de reciclaxe de Soporte Vital Básico e uso do Desfibrilador Externo Semiautomático dirixido a socorristas da piscina municipal da Gándara.

A formación de reciclaxe se realiza cada ano e sirve para que o persoal designado para a utilización dos equipos de cardioprotección instalados polo Concello, e actualicen os seus coñecementos para actuar en caso de emerxencia. O Concello de Narón leva anos comprometido con a difusión da cardioproteccións, instalando desfibriladores externos semiautomáticos en máis de dez centros municipais e formando cada ano a cerca de un centenar de profesionais e usuarios destas instalacións.

O SPEIS, volcado nas labores de prevención en distintas áreas, é a entidade que xestiona o mantenimento dos equipos, realizando verificacións periódicas do seu funcionamento, e correcta sinalización. Así mesmo, o persoal do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento é a encargada de realizar a formación do persoal designado para o uso dos equipos , tanto a inicial como a de reciclaxe, que se realiza cada ano.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …