Mozos de cabanas participan no programa Emprego, Redes Sociais e Marca persoal

Trece mozos de entre 16 e 35 anos están a participar na acción formativa Emprego, Redes Sociais e Marca persoal. Unha iniciativa completamente gratuíta promovida pola Dirección Xeral de Xuventude e a Universidade de Santiago, coa colaboración do Concello de Cabanas.

O curso arrancaba onte á tarde no salón de plenos do consistorio e os seus obxectivos non son outros que apoiar a formación dos mozos e mozas, reforzando as súas competencias clave e favorecendo a adquisición de novos coñecementos, habilidades e capacidades para facilitar a súa inclusión no mercado de traballo. Ademáis, con esta iniciativa tamén se pretende fomentar o emprendemento como estratexia de emprego.

Lea también

Cedeira-Nueva campaña de excavación arqueológica en el Castro Sarridal

El Concello de Cedeira impulsa una nueva campaña arqueológica en el yacimiento del Castro Sarridal. …