O Pazo da Cultura acolle a representación da comedia teatral Eroski Paraíso

A compañía de teatro Chévere subirase este sábado 17 ao escenario do Pazo da Cultura para representar a obra Eroski Paraíso. Trátase dunha comedia na que se aborda o tema da emigración e cun amplo traballo de documentación detrás. O espectáculo, de hora e media de duración, comezará ás 20 horas e as entradas están á venta na billeteira do Pazo da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.

A sala de festas Paríso, moi recoñecida en Muros entre os anos 1972 e 1990 é o punto de partida desta historia, protagonizada por Eva Martínez e Antonio Formoso. A parella coñeceuse nas citadas instalacións e tivo unha filla, que naceu coincidindo co peche da sala Paraíso. O matrimonio cásase e emigra, e vinte e cinco anos despois Eva regresa a Muros. Alí coidará do seu pai e traballará nun supermercado Eroski que abriron no mesmo lugar no que estaba a sala de festas. Antonio queda traballando en Canarias e Álex, a filla da parella, fará o seu primeiro documental, no que aborda a historia dos seus pais, en Muros.

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …