Álvaro Montes presenta o calendario de asambleas de barrio pendentes

alvaro montes 2-2O concelleiro de Participación, Álvaro Montes, presentou este xoves en rolda de prensa o calendario de asambleas de barrio que ficaron pendentes de renovar na pasada etapa, co obxecto de que, unha vez rematada a renovación de cargos nas mesmas e constituídos os próximos foros cívicos de mocidade e terceira idade, se poida convocar a finais de decembro «o tan agardado Consello da Veciñanza».

O concelleiro lembrou que as asambleas pendentes son a do Barrio de Catabois, que terá lugar o día 26 ás 19.30 no Centro Cívico San Pablo; a do Barrio de Doniños, que se celebrará o día 27 ás 18.000 no local da AVV de Valón; a do Barrio de Caranza, que se desenvolverá no Centro Cívico de Caranza o día 28 ás 19.30 e a do Barrio da Madalena, convocada para o día 30 ás 19.30 no antigo hospicio.

«Queremos que estes encontros servan para o debate aberto entre os veciños e veciñas e a corporación municipal -explicou Montes- para que as súas inquedanzas, as súas achegas e todas aquelas cuestións que consideren da política municipal as poñan enriba da mesa».

Neste sentido, anunciou que está previsto na axenda do propio alcalde, Jorge Suárez, a súa participación nestes encontros, «convencidos de que a mellor forma de fomentar a participación é que o goberno se involucre».

Foros cívicos e consellos sectoriais

O concelleiro aproveitou para presentar o plano de traballo desta área para todo o trimestre, que inclúe tamén a futura presentación de dous foros cívicos, de mocidade e de terceira idade.

En canto ao primeiro, explicou que se traballará cos mozos e mozas nos institutos, nos que se impartirán diferentes charlas para, de seguido, rematar o proceso coa convocatoria dun plenario.

O Foro da tereceira idade responderá a unha metodoloxía algo diferente, xa que hai que ir aos espazos onde conviven habitualmente estas persoas, coas que se establecerán un par de debates ou tres. O proceso rematará, como no cado da Mocidade, coa celebración dun plenario.

Asemade, entre as previsións da concellería está a renovación dos consellos sectoriais municipais, nomeadamente o de muller e lingua, qeu son os que están en funcionamento nestes momentos, en proceso de adaptación do seu regulamento ao regulamento interno de participación.

A idea, insistiu Álvaro Montes, é que a finais de ano, coa suma dos representantes das asambleas de barrio (2 por cada barrio), máis os dos foros e dos consellos sectoriais se poida constituír ese Consello da Veciñanza, «onde se dea un debate plenario en aberto sobre a realidade da cidade e os pasos a dar para o ano 2017».
Candidaturas
Todas aquelas persoas interesadas en participar nas inminentes asambleas de barrio poden presentar as súas candidaturas dende hoxe ata o día 23 deste mes no rexistro do concello ou remitindo o formulario correspondente (www.ferrol.es/decide) ao seguinte correo:participacion@ferrol.es

Lea también

Desvíos de tráfico de las obras de humanización de la FE-14 Ferrol

El Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible avanza en la ejecución de las obras de …

Un comentario

  1. ¿Va a explicar en esas asambleas por qué han impuesto, sin consulta previa a los vecinos, le peatonalización del centro? ¿En qué asamblea se decidió eso? ¿Por qué Consejo Vecinal pasó?