Comenzan en Narón as actividades na Escola de Música Moderna e nas Aulas de Ensaio

As persoas interesadas en anotarse nas actividades da Escola de Música Moderna ou reservar as Aulas de Ensaio da Casa da Mocidade, na Gándara, deben cumplimentar as instancias que poden recoller no Concello. Para o curso 2016-2017 a través da Escola de Música Moderna impartiranse clases de Guitarra –nivel de iniciación I e II-; de Batería e de Piano, tal e como apuntou a edil de Mocidade, Natalia Hermida. A concelleira recordou tamén que as prazas son limitadas –cubriranse por orde de inscrición- e que as clases, que se impartirán na Casa da Mocidade se dirixen a rapaces de entre 12 e 30 anos, que deben estar empadroados en Narón.

Así mesmo, o Concello mantén aberto o prazo para participar nas Aulas de Ensaio da Escola de Música Moderna. Os grupos musicais interesados en reservar horarios poden facelo tamén indicando na solicitude habilitada para tal fin desde o Concello os datos do grupo –nome, número de compoñentes e estilo musical- e a data e horario solicitados de entre os dispoñibles –marcando dúas opción según o día e o horario elixidos-.

Para obter máis información pódese chamar á OMIX de Narón, ao teléfono 981 337 700 (ext. 1103) ou dirixirse ao correo electrónico: omix@naron.es.

Lea también

Últimos días para inscribirse en Narón no curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”

Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, …