A Deputación concede uns 75.000 euros ás cofrarías de pescadores de Ferrolterra

O Boletín Oficial da Provincia publico este mércores 15 a concesión de subvencións de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores da provincia da Coruña para financiar as súas actividades durante o ano 2016. Así o explicou o deputado responsable da área de Promoción Económica, José Luís García, destacandoa importancia destas axudas para apoiar ás agrupacións de pescadores «nun sector estratéxico e fundamental para a economía da nosa provincia como é o da pesca».

Un total de 26 confrarías da provincia da Coruña recibirán 409.162 euros cos que sufragarán gastos de persoal e de funcionamento. As sumas outorgadas varían segundo os orzamentos presentados polas propias confrarías. Así, as confrarías de pescadores da Coruña e de Sada recibirán ao redor de 25.000 euros cada unha, que destinarán a cubrir parte dos gastos de persoal, mentres que a confraría de Miño recibirá preto de 8.000 euros, que solicitou para a contratación dun administrativo.

Ferrolterra, Eume e Ortegal

En Ferrolterra, as axudas foron concedidas ás confrarías de Ferrol, con 18.000 euros, Mugardos, con 12.000 euros, e Santiago Apóstol, que recibiu a dotación máis alta da provincia: 28.972 euros para financiar diversas actividades de oficina da confraría de Barallobre.

En Cariño, a Deputación subvencionará con 19.984 euros parte dos gastos de persoal derivados la lonxa e das oficinas da confraría Nuestra Señora del Carmen, e en Pontedeume, a contratación dun gardapesca con 13.487 euros.

 

Lea también

La formación en suelo pélvico y su gestión para prevenir patologías llega a Ortigueira en mayo

Tendrá lugar el viernes 24 en el Local Social de San Adrián de Veiga y …