O barrio da Solaina acollerá este domingo o espectáculo do «Paiaso Piruleta»

paiaso-piruleta-30-9O barrio da Solaina acollerá este domingo 2 de outubro, coincidindo coa celebración do Feirón de Santa Icía, unha actividade dirixida ao público familiar: un espectáculo do Paiaso Piruleta. A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, explicou que a cita, de balde, se desenvolverá na Praza da Constitución a partir das 12 horas, se ben no caso de choiva trasladarase ao local social da Solaina.

O paiaso fará gozar aos asistentes cun divertido espectáculo no que non faltarán os trucos de maxia, os malabares e a arte da globoflexia. Os menores xogarán un papel fundamental nesta cita, xa que nalgúns casos terán a oportunidade de convertirse en axudantes do mago neste espectáculo, implicándose nesta actividade que ademais lles deparará moitas sorpresas e na que os sorrisos estáran asegurados.

A edil de Feiras e Mercados anima aos menores a acudir a esta xornada, que terá unha duración aproximada case dúas horas.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo “O dragón de ouro”

A compañía Sarabela Teatro representará este sábado 20 no Pazo da Cultura de Narón, ás …