Presentadas as actividades do programa Apego para este outono

O concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol, Álvaro Montes, presentou esta mañá as actividades do programa Apego. Pola vida e pola lingua para este outuno, entre as que salientou a homenaxe a Ángeles Alvariño, no centenario do nacimento da primeira muller oceanógrafa mundial, e o espectáculo Iriña bailarina, de Teatro Ghazafelhos, dirixido a promover a igualdade entre os pequenos, xogando ao intercambio de roles.

O concelleiro informou de que as actividades comezan precisamente o día 12 co obradoiro sobre a científica ferrolá, co obxecto de descubrirlles aos máis pequenos (de 3 a 10 anos) diferentes especies e conciencialos da importancia de protexer os ecosistemas mariños.

Os interesados en asistir non precisan reservar entrada, tan só teñen que acudir ao antigo Hospicio, onde terá lugar a representación ás 12 horas. Consistirá nun contacontos con música cunha duración de 60 minutos. A participación é de balde, entrada libre ata que se complete o aforo.

Intercambio de roles

A seguinte actividade está programada para o día 28 deste mesmo mes, ás 19 horas, na capela do Torrente Ballester. Destinado tamén a nenos de entre 3 e 10 anos. Recoméndase que os rapaces veñan acompañados de ata dúas persoas adultas. Na obra, Iriña Bailarina, de Teatro Ghazaflhos, traballarase na importancia da igualdade a través de xogos de intercambios de roles.

Finalmente, o 4 de novembro chega a obra Brinca Vai, unha actividade para xogar, pensar, bailar e cantar. Tamén poden participar os pequenos acompañados de dúas persoas adultas. Terá lugar igualmente na capela do Torrente Ballester, ás 19 horas, cunha duración de 60 minutos.

Tanto para esta última actividade como para Iriña Bailarina as entradas, malia ser de balde, teñen que recollerse no teatro Jofre. Estarán a disposición o sábado anterior a cada actuación ou na capela o mesmo día do espectáculo. Máximo 3 entradas por persoa.

Educar en galego

Álvaro Montes lembrou que o programa Apego está pensado para aquelas familias que queiran que «a lingua galega forme parte da súa nova vida, coa chegada dun fillo ás súas casas». Neste sentido, animou a todas as familias a se achegar ao servizo de normalización do concello a recoller un agasallo con recursos, servizos e materiais que facilitarán a tarefa de incorporar o galego na comunicación cos pequnos.

Máis información sobre o recursos e servizos na web www.apego.gal.

Lea también

Ola Ferrol-Nuevo año, de poesía, cumpleaños, Berenguer y Revista General de la Marina

Carlos Barcón, pintor ​ALGO NUEVO EN EL AÑO 2022…? Un año nuevo y ya son …