Narón acolle unhas xornadas técnicas sobre a Vespa velutina e medio ambiente

A Concellería de Medio Ambiente de Narón organiza en colaboración coa delegación de Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) unhas xornadas técnicas sobre a Vespa velutina e medio ambiente. O edil responsable da área, Octavio Dopico, indicou que se trata dun total de tres conferencias que se desenvolverán o venres día 14 e o sábado 15 no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros e abertas á participación da cidadanía en xeral.

Na primeira das convocatorias, o vindeiro venres, será o biólogo e asesor técnico agrícola Jesús Asorey o encargado de abordar, a partir das 19 horas, o Presente e futuro da velutina; visión xeral da problemática da velutina en Galicia. Na xornada do sábado día 15 terán lugar as outras dúas ponencias, unha comezará ás 10, sobre Sistemas de control da velutina e o botiquín do apicultor, a cargo do responsable comarcal de AGA, Rafael Nieto, e a outra será ás 12 horas e impartiráa Xesús Feás, veterinario, químico e investigador na USC, que falará sobre as Vías de investigación europeas da velutina.

A Concellería de Medio Ambiente de Narón colabora con AGA na divulgación da problemática que supón na actualidade esta especie invasora en canto ao seu perigo medioambiental. Desde a Asociación Galega de Apicultura explicaron, tal e como recordou Dopico, que Galicia e Euskadi son as zonas do norte de España máis afectadas por esta especie, que segue incrementando a súa presencia. «Aos danos medioambientais derivados da proliferación das vespas velutinas hai que engadir os causados no ámbito económico no sector tanto apícola como froitícola, danando as colleitas, e tamén os xerados a nivel sanitario entre a poboación a través das picaduras desta especie de vespas, cun potente veleno», apuntou o edil naronés.

Lea también

El atrio de San Xulián de Narón lucira una talla del patrono confeccionada en el tronco de un árbol

Nuevamente el artesano de la piedra y la madera, y reconocido muralista Carlos García Romero deja …

2 comentarios

  1. Séptima vez que dan este curso en lo que va de año…¿tienen poco que vender desde el concello o hay algo más?

  2. Este problema no se soluciona con cursos