Cabanas acolle a obra «O pai do rapaz» no marco do ciclo Sábados Teatrais

Tras o éxito colleitado pola compañía de teatro de Cabanas Licor Café na primeira sesión celebrada o pasado sábado, o programa municipal Sábados Teatrais continuará esta semana no salón de plenos da casa consistorial. Así, o 15 de outubro, o Grupo de Teatro da SCRD Agarimo de Sillobre representará a partires das 19 horas a obra O pai do rapaz. Narra a historia dunha beata que amaña a vida rezando «padrenuestros»; un marido aburrido desta situación, e un sobriño e unha sobriña forzados a seguir unha vida relixiosa a desgusto. Pero a historia cambia coa aparición dun neno en estranas circunstancias.

O ciclo retomarase o sábado, 22 de outubro, co Grupo de Teatro da SCR A Pombiña de Pedroso. Traerá a Cabanas Quen vai á guerra? de Betty Couce Calvo, conta a historia de Marijuana e Maripepa, dúas veciñas que levan toda a vida pelexando. A súa mala relación complicarase máis coa chegada á aldea dun sarxento do exército de terra que vén disposto a recrutar un soldado para afilialo ás súas tropas e envialo á guerra. A cousa non lle será fácil, pois na aldea as únicas persoas válidas para a guerra son precisamente Marijuana e Maripepa.

O Concello conta co respaldo da Deputación nesta iniciativa, xa que dúas das obras –O pai do rapaz e Quen vai a guerra?– foron contratada a través do programa Rede Cultural.

Lea también

Charla “En marcha por un futuro saudable” en Neda

El Concello de Neda, organiza este miércoles, día 19 de enero, la charla “En marcha …