Eliximos Narón contra o novo proxecto de remodelación da praza de Xuvia

Fot. JJ Pita
Fot. JJ Pita

Eliximos Narón enviou un comunicado no que mostra a súa oposición ao novo proxecto de remodelación da praza de Xuvia.

O seu portavoz, Alfonso Casal sinala que« O informe de Patrimonio sobre a remodelación da praza de Xuvia di claramente que:

“Segundo o artigo 37 da Lei 8/1995, co Patrimonio cultural de Galicia, calquera intervención que se pretenda realizar nun ben de interese cultural debe ser autorizada pola Consellería de Cultura, previamente á concesión da licenza municipal.”

O alcalde usou o Pleno para aprobar un novo proxecto técnico sen pasar pola Comisión de obras, e sen solicitar autorización a Patrimonio, ao mesmo tempo que a remite á Deputación para a súa inclusión no PAS 2015, Este feito, na práctica, é unha concesión de licenza sen autorización de Patrimonio, polo que o concelleiro de Eliximos solicitou ao alcalde que pedise ao Secretario que informase ao Pleno si se estaba a acometer unha ilegalidade, algo do que fixo caso omiso, o que fainos entender que era certo.

A ampliación da praza non responde a unha necesidade de chan público, dada a proximidade do paseo marítimo e da praza do Concello, senón a unha ocorrencia para saír do paso ante a negativa de Patrimonio a autorizar o primeiro proxecto.

O transporte público en Xuvia foi sufrindo continuos recortes dende fai anos, tanto nos buses coma na liña do tren, polo que o uso do vehículo particular é algo case obrigado, e este require de prazas de aparcamento.

A oferta de medios alternativos coma o anunciado carril-bici da estrada de Castela, recollido nos plans da Xunta e anunciado polo Concello, poden axudar a reducir o problema por un lado, e por outro a aumentalo ao eliminar moitas prazas de aparcamento de dita estrada. Sen embargo, as actuacións do concello non son coherentes pois fan o carril-bici pola estrada e poñen aparca-bicis na escola e non deixan carril-bici para unir ambas cousas, e co aumento da praza tamén eliminan esa posibilidade sen facer obras posteriores.

A eliminación de todo o aparcamento implica dificultades para persoas con problemas de mobilidade e que calquera actuación que requira de aparcamento, como o movemento de cargas pesadas, que vai a obrigar a cortar unha rúa que é moi transitada a certos momentos, como as horas de entrada e saída no colexio, pois a área de influencia do colexio de Xuvia estendese a zonas con bastante dispersión da poboación que fai uso do coche para levar e recoller os rapaces do colexio.

Estamos a asistir novamente a unha falta total de planificación e coordinación das actuacións do concello, que só está a mirar de facer obras a cargo da Deputación para colgarse máis medallas».

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …

2 comentarios

  1. El PP voto en contra de los intereses de los vecinos, igual que TEGA…Solo nos queda Alfonso Casal…

  2. Pues todito para vosotros.