Narón acolle este fin de semana as obras «Oskara» e «Rabicundo»

A compañía Kukai Dantza actuará o vindeiro sábado 22 no Pazo da Cultura. O espectáculo de danza contemporánea Oskara permitirá ao público asistente realizar un percorrido pola cultura vasca, dando a coñecer algúns dos seus mitos. A cita comezará ás 20 horas e as entradas están á venda no Pazo da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.

O domingo 23 será o día adicado ao público familiar e infantil, cunha estrea dunha representación teatral a cargo da compañía Ghazafelhos no Auditorio municipal, na praza de Galicia. Rubicundo é o título da obra, protagonizada pola personaxe que lle da nome ao espectáculo, que compartirá escenario con outros dous amigos que interactúan con monicreques e no que haberá moitas sorpresas. As cancións e o baile xogarán tamén un papel fundamental ao longo desta representación. O prezo das entradas, tamén á venda na taquilla do Pazo da Cultura, é de 7,50 euros para o público en xeral e de 5,25 para abonados, persoas con carné xove (ata 25 anos) e estudantes

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo “O dragón de ouro”

A compañía Sarabela Teatro representará este sábado 20 no Pazo da Cultura de Narón, ás …