Cabanas celebra un ano máis o Magosto na parroquia de Laraxe

O Concello de Cabanas invita á veciñanza a celebrar o Magosto, que tendrá lugar na parroquia de Laraxe coa colaboración da SCRD San Mamede. O local social da entidade será o escenario elixido para a cita, que terá lugar o vindeiro venres, 4 de novembro. Comezará ás oito da tarde e incluirá unha cea de outono e actuación musical.

Pensada para nenos e maiores, a festa arrancará coa degustación de liscos con pan, e castañas asadas. Refrescos, viño e queimada completan un menú a prezo popular: 3 euros para adultos e gratis para nenos. Asimesmo, o Magosto continuará cun baile amenizado polo Dúo Maracaibo.

Dende o Concello lembrouse que cada ano o Magosto se celebra nunha das parroquias do municipio e, a este respecto, agradece a colaboración das asociacións organizadoras da festa, a SCRD San Mamede de Laraxe.

Lea también

Valdoviño celebra su Feirón mensual

Los puestos regresan este domingo 28 a la Puerta del Sol de Valdoviño, que acogerá …