O Pazo da Cultura acolle a obra «La asamblea de las mujeres» e o espectáculo «Noche Sabinera»

asamblea-mujeres-16-11O teatro e a música centrarán as actividades programadas para esta fin de semana no Pazo da Cultura de Narón. A compañía Pentación Espectáculos representará o sábado 19 a obra La asamblea de las mujeres, entre cuxo elenco están Lolita Flores, María Galiana, Sergio Pazos e Pastora Vega, dirixidos polo tamén actor Juan Echanove. A cita, enmarcada ademáis no programa deseñado polo Concello para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, dará comezo ás 20 horas. As entradas están xa á venda na billeteira do Pazo da Cultura, a un prezo de 23 euros para o público en xeral e de 16,10 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.

Juan Echanove estreouse como director teatral en Mérida con esta obra, que parte dunha comedia de Aristófanes, do ano 392 a.C., versionada agora por Bernardo Sánchez. A situación política contemporánea e os seus paralelismos coa Grecia actual centran a temática desta obra, na que tamén hai espazo para un ton de esmorga e as chirigotas de Entroido. La asamblea de las mujeres plantexa unha revolución feminina encabezada pola protagonista, Praxágora (Lolita), que apoiada por outras mulleres de Atenas participa nun golpe de estado no Parlamento para facerse co goberno.

Na xornada do domingo 20 terá lugar o espectáculo Noche Sabinera, a cargo de Tertulia Produccións, cunha duración aproximada de dúas horas. A partir das 20.00 horas subirán ao escenario do Pazo da Cultura artistas como Pancho Varona, Antonio García de Diego, Mara Barros, e José Antonio Romero, entre outros protagonistas deste show, que xa se representou noutras cidades de España e en Latinoamérica, no que se interpretarán grandes clásicos do cantante Joaquín Sabina. O prezo das entradas, que xa se poden adquirir na billeteira do Pazo da Cultura, é de 15 euros na venda anticipada e 18 o propio día do espectáculo.

Lea también

Presentación en el Ateneo Ferrolano de «El tiempo, la mirada y la palabra» de Jose Luis Outes

  Este miércoles 17, tendrá lugar en el salón de actos del Ateneo Ferrolano la …