BellónMaceiras Dúo en Chile

bellonmaceirasDaniel Bellón e Diego Maceiras viaxan por primeira vez a terras chilenas para participar no Segundo Encontro Celta de Punta Arenas, capital do Estreito de Magallanes. O evento, que organiza a Sociedade Española de Punta Arenas, terá lugar os días 25 e 26 de novembro no Teatro Municipal José Bohr de Punta Arenas.

É a segunda vez que BellónMaceiras viaxa a Sudamérica. Nesta ocasión será para presentar o disco TEN que o dúo sacou polo seu décimo aniversario.

Chile súmase así ós moitos lugares do mundo onde BellónMaceiras levou a súa música como Francia, Irlanda, Italia, Alemaña, Rusia, Albania, Arxentina, Estados Unidos; así como unha gran parte da península ibérica, entre outros.

Lea también

Ares entrega os premios do IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares

Concello de Ares e CPI As Mirandas entregaron esta semana os premios do IV Concurso …