Narón acolle este domingo a VIII Mostra de Teatro Amador

O local social da Picota, na parroquia do Couto, acollerá o vindeiro domingo 27 a última representación teatral incluída na programación da VIII Mostra de Teatro Amador, organizada polo Padroado da Cultura de Narón en colaboración coa AVV do Couto. A obra Terapia de bar, escrita e dirixida polo naronés José Prieto, pechará este ciclo. A posta en escena comezará ás 19 horas e a entrada é de balde.

O local social da Picota acollerá este mes un total de catro espectáculos teatrais no marco desta Mostra. Ao escenario subiuse o elenco das compañías O Aturuxo de Melpómene, que representou a obra Misterios o pasado 6 de novembro; do grupo Ultreia, que o pasado día 13 puxo en escena A vinganza de Don Mendo e do alumnado do Obradoiro de Teatro da Fundación Terra de Trasancos, que o pasado domingo representou Non hai ladrón que por ben non veña.

A Mostra de Teatro Amador desenvolveuse tamén este ano nas parroquias de Pedroso e San Xiao, apostando entre outros obxectivos por ofrecer tamén na zona rural este tipo de eventos culturais á veciñanza.

Lea también

Axenda en Narón o 20 e 21 de abril

Sábado 20 de abril de 2024 Actividade: Obradoiro “Encadernación ecolóxica” Hora: 11:00 Lugar: Centro cívico …