Cabanas organiza un ano máis o seu tradicional Xantar de Nadal

O Concello de Cabanas volve a celebrar un ano máis o seu tradicional Xantar de Nadal. Será o vindeiro 16 de decembro, ás 14 horas, no restaurante do Hotel Iberia e, as persoas interesadas en tomar parte na cita, poden reservar xa a súa praza na casa consistorial. O prazo remata o día 14.

O menú inclúe empanada, sopa, cocido e postre, así como unha selección de doces de Nadal. Ademáis, trala comida, os asistentes poderán disfrutar dun baile amenizado con música en directo, a cargo do Dúo Tribal. O Concello anima á veciñanza a sumarse á iniciativa e apuntarse ó xantar.

Lea también

La Guardia Civil investigó a un vecino de Miño por circular dos veces con su coche en sentido contrario el mismo día

El Grupo de Investigación y Análisis de Tráfico (GIAT) del Sector de Tráfico de Galicia, …