O BNG considera «absurdos» os orzamentos da Xunta para Ferrol

O portavoz do Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, Iván Rivas, manifestou que os orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2017 «son absurdos porque propoñen o desenvolvimento de proxectos para a construcción dunha nova estacion intermodal cando nesta cidade non contamos con servizos ferroviarios de saida cara ao resto da comarca e cara a cidade da Coruña». Son absurdos porque é ridículo pensar que con 200.000 euros para a recuperación de vivendas se poden rehabilitar barrios como o de Ferrol Vello», apuntou o nacionalista.

Para Rivas «estes orzamentos son absurdos porque contemplan que sigamos pagando por unha infraestructura como son os interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol para a execución dun saneamento baseado nunha rede unitaria, un saneamento que debería asumir o Estado mentres a estación depuradora segue sen funcionar e a Xunta de Galiza segue sen reclamarlle as responsabilidades precisas a quen foi responsabel da súa construcción», asegurando tamén que «son absurdos porque seguimos a financiar con millóns de euros unha batea artificial que o único que produce son perdas ao sector marisqueiro desta cidade e a comarca mentres os fondos da ria e da enseada da Malata siguen sen limparse e o peirao carboeiro segue sendo unha barreira artificial que impide a rexeneración natural desas augas».

O nacionalista sumou ás «absurdeces» dos orzamentos «porque o dique flotante, que aparece e desaparece destes orzamentos, evidencia que non existe unha política da Xunta de Galiza respecto do principal sector productivo que existe nesta cidade que é o sector naval». Ademáis, «son absurdos porque se considera que seguir desenvolvendo constantemente ano tras ano o plan director do Aqrquitecto Marcide, mentres o hospital Naval e o Novoa Santos continuan infrautilizados, é unha política acaida para resolver as nosas carencias no que ten que ver coa área sanitaria», concluiu Rivas.

Lea también

Reunión entre el alcalde de Ferrol y las entidades vecinales afectadas por las obras de As Pías

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó este viernes en la reunión convocada …

3 comentarios

  1. Buena reflexión. Como el Naval y el Novoa no están al límite de su capacidad, es absurdo invertir en arreglar el Marcide. Mamaíña, qué políticos tenemos!

  2. Qué? echando la manita a Suarez a ver si se la coge de una vez? Otra vez vuelve a las andadas. Nada chico, parece que el romance político no da cuajado. Insista, insista a ver qué pasa, igual ahora por Navidad…

  3. Un concejal que se cierra al progreso y a todo lo que hace la Xunta por el mero hecho de venir de la derecha….pues eso …deberīa de estar apañando patatas en Francia.