«Os valores catastrais baixarán un 8% no concello de Narón no ano 2017»

O concelleiro de Promoción Económica e Xestión Orzamentaria de Narón, Pablo Villamar, vén de anunciar que o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas atendeu favorabelmente a solicitude de baixada dos valores catastrais aprobada polo pleno do Concello de Narón en abril para o exercicio 2017.

Villamar explicou que no Boletín Oficial do Estado do pasado día 3 publicou o Real Decreto-Lei 3/2016 polo que se adoptan medidas no eido tributario dirixidas á consolidación das finanzas públicas e outras medidas urxentes en materia social. Nel inclúese un apartado no que se aproban os coeficientes de actualización dos devanditos valores catastrais, en cumprimento do previsto no artigo 32.2 da Lei do Catastro Inmobiliario, que estabelece a súa actualización mediante a Lei de Orzamentos Xerais do Estado para cada ano.

«O retraso na formación do novo Goberno no Estado –o que imposibilitaba aprobar a citada lei este ano- e o feito de que o Imposto de Bens Inmóbeis –IBI- se devenga o primeiro de xaneiro de cada ano natural, obrigaron ao Goberno central a botar man do mecanismo do Real Decreto-Lei para que a súa entrada en vigor fora efectiva o 1 de xaneiro. Narón foi un dos 70 concellos galegos que solicitaron mudanzas antes do 31 de maio do ano pasado, límite fixado na Lei de Catastro Inmobiliario para tramitar as modificacións. Deles, só cinco, entre os que se atopa Narón, verán reducidos os valores catastrais e farano en función do ano de entrada en vigor da ponencia de valores actual. Así, no Concello de Narón, ao aprobarse no ano 2008, correspóndelle un coeficiente de actualización do 0,92, isto é, oito centésimas menos ca o vixente», explicou o nacionalista.

Esta medida, unida á decisión do goberno local de Narón de reducir o tipo impositivo do IBI do 0,66 actual ao 0,65, «traducirase nunha rebaixa xeralizada do recibo da contribución para o vindeiro ano, en función das características do ben e do valor de mercado. Como referencia, a Dirección Xeral do Catastro estabelece o valor catastral no 50% do valor de mercado», asegurou o concelleiro.

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …

6 comentarios

  1. Hay algo que no me cuadra: dicen que baja un 8%, pero realmente va a bajar del 0,66 al 0,65. En mi caso, ya este año me bajaron del 0,67 al 0,66 y en una contribución de casi 400 euros me ahorré 93 céntimos. Menuda rebaja! Además, me hace muchísima gracia la política naronesa: cuando sube el IBI, es culpa de Montoro, que es malo y lo hace por fastidiar. Cuando baja, es gracias al magnánimo tripartito naronés, que vela y no descansa pensando en sus ciudadanos.

  2. Mienten más que Pinocho

  3. Pues la verdad, no sé qué hacen en Narón con el dinero del IBI y de el resto de impuestos, porque ya hace años que no veo el municipio tan destartalado. Será cosa de la Ingeniería Financiera.

  4. Como se nota que no tenéis ni idea…una cosa es el valor catastral y otra el coeficiente que se aplica a ese valor catastral. Los dos indicadores bajan.

  5. Estuvieron diciendo que no subía un montón de años, y vaya si subía, y ahora llevan varios diciendo que baja… y hasta ahora no bajo tampoco.

  6. Baja porque no les queda otra, entre un 8 y un 13%,los ayuntamientos que lo habían revisado al alza,no son muchos(en toda españa,ojo.).Eso si aplican el mínimo 8%,y yo me pregunto si llevan años cobrando de mas,habrá que reclamarlo,no?