O BNG de Ares preséntalle unha iniciativa á Confraría de Pescadores para un Plan de Marisqueo.

mariscadoraNos últimos meses vense realizando unha actividade marisqueira a flote na ensenada de Ares, motivo que leva ao BNG de Ares a reiterar unha das propostas que leva defendendo dende hai anos, ao respecto do «aproveitamento de recursos propios, como xerador de emprego»

Durante este tempo, o grupo municipal estivo recabando datos e información ao respecto das posibilidades que se lle abre á veciñanza aresá dun novo «nicho de postos laborais». A este respecto según apunta o Portavoz Municipal, Emilio Mesías, «a solución pasa pola Elaboración dun plan de marisqueo a pé e a flote por parte da Confraría de Pescadores de Ares, o cal faría que a zona quedase acotada á xestión da entidade aresá e deixaría de ser zona de libre marisqueo, xa que hai capacidade e recursos.»

Según os datos recabados, na actualidade hai unha cota de 25 quilos por persoa e día na extración de ameixa, e faenan entre 30 e 40 embarcacións.

Por este motivo, o BNG vaise reunir próximamente coa confraría aresá e facerlle chegar a iniciativa, da que esperan sexa ben acollida.

Lea también

La Mancomunidad de Concellos celebró en Valdoviño una jornada técnica de turismo

Valdoviño acogió esta semana una charla técnica organizada por la Mancomunidad para dar a conocer …