Narón distribuirá unha guía e participará en iniciativas para fomentar o reciclaxe de residuos na cidade

Os abonados da empresa mixta de augas do municipio, Cosma, recibirán co próximo recibo da compañía unha Guía de reciclaxe en Narón. Así o apuntou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, que explicou que o Concello e Urbaser –adxudicataria da recollida de lixo no municipio- impulsan esta campaña, baixo o lema Separa os residuos, coida Narón. En total editáronse 19.000 dípticos informativos que se ensobrarán nas facturas e tamén se entregarán en diferentes dependencias da localidade. Santalla indicou que na guía de reciclaxe se especifican os materiais a depositar nos colectores amarelo –envases de plástico, metálicos e bricks, non botes plásticos duros nin xoguetes-; azul –papel e cartón: xornais, revistas, caixas, libros, folletos e sobres, non papeis sucios ou servilletas usadas-, así como nos iglús verdes –botellas de vidro, tarros e frascos de conserva, non botes de cristal nin tapas ou tapóns-.

Na información que se remitirá aos abonados de Cosma tamén se recorda que as instalacións do Punto Limpo da cidade, ubicadas frente a Sogama, no Polígono de Río do Pozo, permanecen abertas de luns a venres, de 9 a 13 e desde as 16 ata as 19 horas, e os sábados de 9 a 14 horas. Alértase ademais da prohibición de tirar alí os residuos sen chamar e incídese na existencia dun servizo de recollida, co que se pode contactar a través do número de teléfono 981 391 074. No Punto Limpo pódense depositar metáis, entullos, voluminosos, aceites vexetais e de motor, electrodomésticos, medicamenteos, fluorescentes, pinturas, baterías e pilas, entre outros.

O concelleiro naronés recordou a obriga de cumprir coa Ordenanza de Residuos e Limpeza Viaria do Concello de Narón, na que entre outros asuntos se especifica que os horarios de recollida de vidro son de 9 a 22 horas; o colector de restos orgánicos (verde escuro) débese empregar de 20 a 23 horas excepto os sábados e vésperas de festivos (por non haber servizo de recollida) e o azul e o amarelo carecen dun horario establecido. Así mesmo, o edil de Servizos avanzou que o vindeiro 26 de decembro a Praza de Galicia acollerá unha aula móbil informativa sobre a campaña

Oportunidades Galicia. Separemos ben. Reciclaremos mellor. Non rompas o esforzo de todos. Recicla, trátase dunha iniciativa impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e respaldada por Ecoembes e Sogama. Santalla explicou que esta proposta, na que se informará á cidadanía sobre cómo clasificar mellor os residuos para a súa posterior reciclaxe, estará operativa en horario de 11 a 14 horas.

Todas estas propostas encamíñanse, tal e como especificou o concelleiro de Servizos, «a dar cumprimento á normativa da Comisión Europea, que marcou como obxectivo alcanzar unha taxa de reciclaxe do 50% en cada un dos compoñentes dos residuos domiciliarios no ano 2020». Pero a maiores, especificou o edil, o vindeiro ano, coincidindo coa saída a concurso do servizo de recollida de lixo, requerirase tamén a recollida de residuos orgánicos para facer compost nun colector específico. «Entre todos os veciños e as veciñas conseguiremos incrementar as taxas de reciclaxe de residuos na localidade, contribuíndo deste xeito ao coidado do medio ambiente e, ao tempo, a manter limpa a nosa cidade», subliñou Santalla.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …