Concluidos os traballos de renovación da cuberta da antiga consistorial de Cabanas

O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, informou esta mañá da conclusión dos traballos de renovación da cuberta da antiga casa consistorial. Inmoble que na actualidade alberga os servizos socioculturais e é sede da Escola Municipal de Música e do xulgado de paz. A intervención realizada contou cun orzamento de 37.335 euros procedentes do Plan de Acción Social da Deputación e permitirán rematar coas humidades que asolaban o edificio.

A edificación consta de pranta baixa, primeiro e baixo cuberta, así como dous pequenos corpos a cada lado da pranta baixa. Os danos no tellado afectaban a practicamente toda a superficie e viñan motivados polo modo na colocación da tella cerámica da que consta. Así, había tellas soltas co conseguinte perigo para os viandantes; medraban prantas baixo as tellas, favorecendo tanto o seu desprendemento como o deterioro da cuberta, e as filtracións ó interior estábanse a converter nunha rutina, afectando ó falso teito e ás paredes da baixo cuberta. A maiores, o Concello detectara danos nos tabiques nos que se apoia a estructura da cuberta. É por iso que, ademáis da renovación do tellado, a intervención contratada polo Concello contemplou a reparación das grietas dos muros que sirven de apoio á estrutura da cubrición do edificio e pintado das paredes afectadas, eliminando previamente a humidade derivada das filtracións de auga.

Lea también

Un trabajador herido al caer desde un puente a las vías del tren en O Barqueiro

Un trabajador fue trasladado después de caer desde un puente a las vías del tren …