Cabanas instala estruturas de madeira para cubrir os colectores do parque das Fragas

O Concello de Cabanas iniciou a instación de estruturas de madeira para cubrir os colectores de lixo no entorno do parque natural das Fragas do Eume. Mobiliario urbano que, segundo explicou o alcalde, Germán Castrillón, «permitirá mellorar a imaxe nun espazo natural singular». A iniciativa está orzamentada en 39.737,10 euros e conta cunha achega da Consellería de Medio Ambiente procedente do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

As citadas estruturas dan cobertura ós colectores verdes –residuos orgánicos-; amarelos –bricks e plásticos-; azuis –papel e cartón-, e ós iglús verdes para o vidro.

Lea también

Cariño intensifica su plan integral de restauración de mobiliario

Reparación de baldosas, reposición de aceras y bordillos de aceras, restauración de papeleras o sustitución …