Entregados aos premiados os vales de compra da campaña «Comercio de Narón, en Nadal e sempre»

As catro veciñas de Narón agraciadas cos vales de compra sorteados na campaña Comercio de Narón, en Nadal e sempre, recibiron esta mañá o seu premio no Concello. O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, e Olga Ameneiro e Eva Pena, en representación da Asociación de Comerciantes de Narón, foron os encargados de entregar os vales ás premiadas. Ana Rocío Corral e María Ángeles Castro recibiron cada unha un vale por importe de 500 euros, por gastos realizados nos establecementos Librería Day e Peluquería G2, respectivamente. Os vales de 300 euros recaeron en Rosa González e Marina López, esta última premiada cunha papeleta obtida por realizar compras na Droguería Dyppo. As afortunadas deberán gastar o importe dos vales os días 16 e 17 deste mes nun mínimo de tres dos 142 establecementos adheridos á campaña.

O edil de Promoción Económica felicitou ás galardoadas no último sorteo da campaña e valorou a elevada participación dos comerciantes da localidade –un total de 142- nesta nova edición da campaña, desenvolvida entre o 15 de decembro e o 7 de xaneiro. Así mesmo, valorou tamén a execelente acollida que tivo entre os veciños e veciñas tanto de Narón como doutros concellos que realizaron algunhas compras nos establecementos locais da cidade, «donde se ofrecen unha gran variedade de produtos de calidade». Finalmente, o edil destacou o papel da Asociación de Comerciantes de Narón e comprometeu o respaldo do goberno local a este tipo de propostas encamiñadas a «incentivar as compras nos comercios do municipio».

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …