O BNG pide paralizar os vertedeiros de refugallos nos Montes de Brión

Representantes do Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, a AVV de Brión, e a Asociación para a Defensa Ecolóxica (ADEGA) acudiron esta mañá a Autoridade Portuaria para fecer entrega dun escrito no que demandan que as administracións implicadas no proxecto de acceso ferroviario ao porto exterio e o Ministerio de Fomento renuncien a execución dos vertedoiros de refugallos previstos neste proxecto polas afeccións medioambientais e as agresións ao patrimonio arqueolóxico que conlevan.

Así mesmo esixen que se desenvolvan os traballos arqueolóxicos precisos en base ao informe técnico elaborado pola Asistencia Técnica de Arqueoloxía do concello de Ferrol, de agosto de 2016 co fin de determinar as afeccións que a execución deste vertedoiro tería sobre o patrimonio cultural no ámbito previsto para a súa execución e do acceso ao mesmo, e que se remita esta información á Dirección Xeral de Patrimonio que deberá autorizar calquera intervención.

«No momento en que se desenvolveu a redacción do proxecto de execución, se elaborou un estudo arqueolóxico do impacto que tería sobre o patrimonio, centrado no percurso do trazado do túnel, e que no mesmo xa contemplaban dous impactos que desde o BNG considerabamos severos: un sobre o Dique intermareal da Cabana e sobre o nucleo urbano da Graña. Pero ese estudo non contemplaba as afeccións sobre o transito que fai o túnel en superficie por considerarse que non habia obras nese ámbito de actuación», apuntou o poratavoz do BNG ferrolán, Iván Rivas.

«Máis agora con esta proposta de execución deses dous vertedoiros comprobamos que existen unhas afeccións directas sobre un conxunto protexido como é a necrópole dos montes de Brión, un conxunto arqueolóxico, que estaprotexida no PXOM e incluida no inventario do patrimonio galego e que polo tanto esta sometido à protección da Lei de Patrimonio Cultural de Galiza.

Hai que indicar que no estudo aqueolóxico que se fixo no momento da redacción do proxecto non se contemplaban estas afeccións. É obvio que ademais das afeccións sobre o patrimonio que afectan as mámoas, tamén existen afeccións medioambientais debido ao movemento de terras, a modificación das escorrentias, a creación duns recheos cunhas alturas considerabeis (poden chegar aos 13 metros de altura) e que van afectar as condicións medioambientais dese contorno.

Un posterior informe do concello de Ferrol consideraba que era preciso desenvolver un estudo das afeccións arqueolóxicas que ia conlevar a construcción deses vertedoiros. As administracións implicadas nesta obra non teñen feito este estudo pero as expropiacións que son precisas para a execución destes traballos xa se estan a desenvolver, tal e como se anunciou ao longo da semana por parte do Ministerio de Fomento.

Desde o BNG consideramos inasumibeis que se poidan executar eses vertedoiros nese espazo e que ademais non se teñen desenvolvido os estudos arqueolóxicos precisos e obrigatorios para que eso se poida desenvolver xa que é preciso contar coa autorización da Xunta de Galiza atraves da conselleria de cultura para que esto poida acontecer», concluiu Rivas.

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, preside, junto con el almirante …

Un comentario

  1. El BNG, como siempre, incapaz de construir, apoyar, impulsar, ni favorecer nada. Sólo sabe torpedear, paralizar, embarrar y detener.