Este sábado «Sarabela Teatro» presenta no Pazo da Cultura de Narón «Normas para saber vivir na sociedade actual»

O teatro voltará este sábado, día 21, ao Pazo da Cultura de Narón, da man da compañía Sarabela Teatro, que representará a comedia «Normas para saber vivir na sociedade actual».  A posta en escena dará comezo ás 20.00 horas e as persoas interesadas poden adquirir as súas entradas na billeteira do Pazo da Cultura ou a través da páxina web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados.

A temática da obra xira en torno á sinceridade, abordando asuntos como a hipocresía da sociedade e a súa relación co afastamento dos sentimentos humáns, destacando un marcado ton crítico pero sempre tratado con retranca.

A compañía ourensá aposta pola adaptación dunha obra escrita na década dos 90 polo recoñecido autor francés Jean Luc Lagarce, dirixida por Ánxeles Cuña e cun elenco artístico integrado por: Fina Calleja, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Elena Seijo e Vadzim Yuknevich.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …