O BNG de Mugardos fai un «chamamento a reflexión» por parte da Alcaldía

Cine Zárate de Mugardos

A Asemblea Local do BNG A.A. de Mugardos, quere manifestar a súa opinión e saír ao paso das distintas declaracións feitas en relación co traslado da Garda Civil ás antigas dependencias do colexio do Apelón, así como a posibilidade de ubicar nun futuro unha nova Biblioteca na contorna do antigo Cinema Zárate, según remiten nun comunicado.

Deste xeito, esta Asemblea Local segue a manifestar con rotundidade o seu rexeite a un futuro emprazamento da Garda Civil no Apelón, pois coma xa deixou claro en anteriores declaración deste órgano político, acredita como lugar idóneo para a ubicación dunha Biblioteca Pública Municipal as antigas dependencias do colexio, por reunir, baixo o criterio desta Asemblea as mellores condicións para un uso cultural, e non para ser sede do instituto armado, polo que non apoiará ningún tipo de gasto que teña que ver con accións de arranxo das dependencias do Apelón de cara a cedelo á Garda Civil. Igualmente, entende, que debería abrirse unha negociación coa Garda Civil para buscar unha reubicación dos seus servizos, nas dependencias construídas para eles nas Casas Baratas, levando a cabo, por conta do Ministerio do Interior, as obras necesarias de remodelación que posibiliten o seu emprazamento no lugar deseñado para elo, e no que se fixo un importante desembolso económico que non pode ficar sen uso.

O BNG de Murgados, que pese a estar a favor do cambio de usos para a parcela do antigo Cinema Zárate, o que permitirá unha actuación integral sobre dita contorna da edificación cun futuro proxecto de rehabilitación do inmoble, non cre que sexa positivo “achicar” ditos espazos do entorno do cinema con máis edificacións, pois perderíase unha oportunidade de dispor dun espazo aberto no centro da vila, e gustaríalles que se tivera en conta a idea que a propia asemblea dispuxo no seu programa electoral e que viña a representar unha integración de ditos espazos coa Cano da Rúa e a Fonte dos Catro Canos, dispoñendo un espazo aberto e axardinado que posibilitaría usos ao aire libre na parcela.

Para rematar, o BNG de Mugardos quere facer un chamamento á reflexión por parte do grupo político que ostenta a Alcaldía. A cesión e financiamento das reformas do edificio do Apelón para un uso por parte da Garda Civil, tan só conta co apoio de 3 concelleiras dos 8 que conforman o goberno municipal, co cal tivo que contar co apoio do grupo Popular para sacar adiante esta alternativa, o que poderá implicar con toda probabilidade, futuros conflitos na acción de goberno, á hora de aprobar orzamentos e dotación de partidas para o acondicionamento do edificio.

Lea también

La Guardia Civil investigó a un vecino de Miño por circular dos veces con su coche en sentido contrario el mismo día

El Grupo de Investigación y Análisis de Tráfico (GIAT) del Sector de Tráfico de Galicia, …