Mais de 359 escolares participaron en Moeche no programa Xogade

O campo de fútbol municipal de Moeche acolleu unha carreira escolar, con diferentres categorías, unha xornada que se encadra no  programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte.

Xogade engloba 26 modalidades diferentes, divididas en «Actividade deportiva escolar» e «Actividade deportiva federada»,  con actividade de carácter local, provincial e autonómico na maioría dos casos.; un programa de  Xogos Deportivos en Idade Escolar, que promove  a saúde, a condición física e o benestar  e procura  que todos os escolares teñan acceso a práctica de actividades lúdicas e deportivas.

En Moeche participaron mais de 350 nenas e nenos dos  centros de ensino de  Mañón, Cariño, Cedeira, Cerdido, Ferrol, Narón, Monfero e Moeche acompañados de monitores,  representantes dos respectivos centros e das súas Anpas  e contaron coa colaboración do  Club de Fútbol Moeche e do persoal técnico do Concello.

Lea también

“Xullo, mes da Patria” arrinca co concento de Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre, Fene

Co concerto de Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre arrinca o ciclo “Xullo, mes da …