O museo do teatro Jofre, outra desfeita de Ferrol

Juan J. Burgoa-Tirando a dar

O teatro Jofre de Ferrol inaugurouse o ano 1892, rematando as obras do mesmo grazas ao apoio económico do emigrante ferrolán Joaquín Jofre Maristany, que logo lle daría nome ao teatro. Dotado dunha fermosa decoración interior e unha espléndida acústica, o ano 1919 a empresa Fraga, entón propietaria do teatro, encargou ao arquitecto Rodolfo Ucha o cambio da súa sinxela fachada clasicista de orixe pola adobiada fachada modernista que aínda hoxe conserva.


Tras servir de marco aos máis variados e notables acontecementos artísticos da cidade, ademais de funcionar como sala de cine, a finais do século XX o teatro Jofre pechou as súas portas. Ata a súa rehabilitación, que quedou rematada o ano 2006, un antigo empregado do teatro Jofre tivo a paciencia de ir recompilando una serie de enseres e obxectos do aparato escénico que foron desbotados polos seus propietarios, formando así unha colección de gran interese e valor histórico.
Esta colección, que incluía todo tipo de elementos escénicos, desde butacas, instrumentos musicais e proxectores ata a cartelería orixinal de teatro e cine, todo iso conservado en perfecto estado, estivo durante varios anos exposta de forma pública nun coñecido comercio de Ferrol grazas á xenerosidade do dono do devandito establecemento comercial. Unha vez que pechou este comercio, o ano 2002 o propietario da colección cedeu a totalidade da mesma ao Concello de Narón, segundo se informa baixo certas condicións de exposición pública nun lugar axeitado.

A colección gardada nun almacén

Sen entrar nas razón desta cesión, o caso é que esta interesante colección pertencente a unha histórica institución cultural da nosa cidade, unha colección que nunca debeu saír de Ferrol, se atopa depositada desde fai quince anos nun almacén da estrada de Cedeira, pertencente ao Concello de Narón. O citado Concello, na súa habitual liña de esquecemento do patrimonio cultural, neste intre garda esta colección nun lugar pechado e privado da súa visión pública. E o Concello de Ferrol, como sempre, nas patacas……
En resumo, un novo exemplo de Ferrol Fóra de Ferrol (F.F.F.).

Lea también

Noites craras do luar-Antes de pedir reprobaciones…mírense al espejo

José Luis Álvarez Con la benevolencia del director de Galicia Ártabra reanudo mis comentarios de …

2 comentarios

  1. Luis María Taboada

    Pero además de todo lo que indicas Juan, lo que más me irrita, es ver a la derecha esos restos de fachada. Pero no hay manera de eliminarlos ? O al menos ponerle unas ventanas cerradas.
    Cuando llegan los turistas en los cruceros, los autobuses los dejan en Correos. la primer imagen que ven, es esa fachada. Da mala imagen.