O BNG de Ferrol considera que a nova taxa de depuración sería inxusta

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que a nova taxa de depuración, que o goberno ten previsto desenvolver e que se ditaminará este mércores en comisión, é unha taxa inxusta, unha taxa que non se axusta á realidade nos gastos, polo que o lóxico sería reconsiderala e establecela en base aos gastos reais.

Debido à importancia desta cuestión para a cidadanía de Ferrol, xa que é un tema que ten suscitado unha importante mobilización social, o BNG considera que o lóxico é que o pleno no que se vai debater esta proposta se faga nun horario que posibilite a asistencia da cidadanía ao mesmo, polo que é necesario que se celebre en horario de tarde ou ben un sábado.

O BNG lembra que o informe que avala esta taxa foi desenvolvido pola empresa Emafesa e contempla custes eléctricos para o funcionamento da EDAR e da EBAR excesivos, así mesmo, este informe contempla o gasto de mantemento dos colectores xerais, que o cifra en 514.823 euros, cando a adxudicación para a xestión dos interceptores xerais é de 379.424€ polo que parece obvio que a taxa non se asoma á realidade e debe redefinise en función do custo real.

O BNG indica que a adxudicación para a xestión dos interceptores xerais é de 379.424€ sen incluir o IVE do 21%. O importe de licitación era de 514.823€ máis o IVE, polo que non entendemos como é que o alcalde anunciou días atrás que se ía impoñer unha taxa de saneamento equivalente a do Concello de Narón, que supoñería un custe da tarifa doméstica de seis euros ao mes, cando o importe en función dos datos obxectivos de custo do servizo debería ser menor.

Lea también

‘Pingüin’ nova proposta de Afundación para escolares en Ferrol

El Auditorio de la Sede Afundación de Ferrol acoge la última propuesta escénica de la …