O Baloncesto Narón gaña ao Instituto Rosalía grazas a un gran arranque no terceiro periodo

O Baloncesto Narón superou ao Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela (74-63) grazas a un gran arranque no terceiro cuarto, no que asinaron un parcial de 14-0 que foi quen de manter practicamente ata o final do choque.

Non foi un partido doado para os pupilos de Pablo Rodríguez, que ao longo da primeira parte mantiveron un duro pulso cun combinado compostelán (32-31 no tempo de lecer) que soubo neutralizar o xogo interior dos anfitrións. Foi precisamente no arranque do terceiro tempo cando o Baloncesto Narón cimentou o seu triunfo. O cambio defensivo proposto polo preparador local descolocou o equipo santiagués e permitiu ao Narón desenvolver a faceta na que se atopa máis cómodo, isto é, a velocidade en ataque. O parcial de 14-0 reflicte perfectamente o que aconteceu nos catro primeiros minutos dese periodo, diferenza que soubo administrar ata o practicamente o final do choque, mais que, no último momento, non foi suficiente para lles arrebatar o basketaverage.

A vitoria ante un equipo co que o conxunto naronés perdera na primeira volta (93-80) supón unha inxección de moral de cara ao encontro da próxima semana na cancha do Baloncesto León, equipo que marca os postos de play-off de ascenso e ao que quere vencer para manterse perto das prazas de privilexio.

Baloncesto Narón: William Brandenberg (19), Dani García (8), Jorge Aller (5), Tim Gill (4) e Samuel Barros (10) –cinco inicial-; Thomas Stoll (24), Ezequiel Vázquez (1), Alberto Seco e Álex García (4).

Instituto Rosalía de Castro: Antón Bouzán (16), Eduardo Lada (6), Alfonso Mallo (5), Pablo Posse (3) e Jorge Fernández (4) –cinco inicial-; Nilo Barreiro (5), Álvaro Filgueira (4), Santiago Lorenzo (8), Marcos Orejas e Luis López (12).

Lea también

El Náutico de Narón busca el título de las Ligas Nacionales de Duatlón

Este fin de semana, la ciudad de Soria se prepara para acoger la última jornada …

Un comentario

  1. Partidazo de Stoll y la próxima semana, a León!