O alcalde de Narón defende a transparencia no acceso á información facilitada sobre a praza do colexio e o aparcamento de Xuvia

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, saíu ao paso das declaracións realizadas polo portavoz de Eliximos Narón Electores (ENE) sobre a praza e o aparcadoiro de Xuvia. En canto ao informe técnico que o edil asegura que non lle foi entregado, Blanco asegurou que tal afirmación é falsa. “Non foi un, senón que foron dous, os informes elaborados polo arquitecto técnico municipal con motivo da aprobación do proxecto inicial da praza do colexio de Xuvia e do primeiro proxecto de reforma”, e subliñou que “ambos documentos constan na pertinente documentación do pleno e aprobounos o pleno municipal, cos votos favorables de vinte dos vinte e un concelleiros da corporación”.

En canto ao informe xurídico, o alcalde recordoulle ao edil de ENE que no caso de considerar que o elaborado adoecía dalgún erro ou omisión, era precisamente “nese mesmo momento cando debería facelo constar”. En lugar diso, o que o Sr. Casal fixo foi dar estrito cumprimento ao que a funcionaria sostía nese informe e así foi presentanda unha solicitude asinada por sete edís da corporación. Por iso Blanco Suárez lembralle ao concelleiro que “ninguén pode ir en contra dos seus propios actos. É un principio xurídico que llo regalo”. 

Tal e como se acreditou no informe solicitado polos citados concelleiros, “non se tiña aprobado nesa data ningún proxecto para o aparcamento disuasorio”, polo que ao presidente da AVV Altea de Xuvia comunicóuselle a posibilidade de ver no Concello os documentos do asunto pero nunca un proxecto inexistente.

Por último, en cando ás manifestacións realizadas sobre o persoal municipal, procederase a darlle traslado á Xunta de Persoal, apuntou.  Blanco lamentou unha vez máis que o concelleiro de ENE continúe apostando por realizar a súa labor desde a oposición nunha clara liña de paralización da actividade municipal e descrédito do persoal, siguiendo as directrices daqueles que se escudan no anonimato para atacar aos funcionarios do Concello.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …

2 comentarios

  1. Y en base a esa «transparencia» de la que habla el Sr. Blanco, ¿nos puede explicar cómo es que nos enteramos de que la tasa de saneamiento aprobada en pleno va acompañada de otra tasa que recaudará la Xunta para el Concello y de la que no se informó a la ciudadanía? Claro, es que queda muy bonito decir: «ustedes van a pagar 3,32€ al mes» cuando realmente falta sumarle otro tanto. ¿Eso es transparencia?

  2. Eso no existe en Narón, ni la transparencia ni el diálogo. S