Tres representantes do San Xoan Tenis de Mesa participaron no Torneo Estatal de Valladolid

Javi Benito no pódium – San Xoan Tenis de Mesa

A pasada fin de semana o club San Xoan Tenis de Mesa de Ferrol, estivo representado no Torneo Estatal, disputado en Valladolid, onde os 48 mellores de cada categoria de idade disputaban o Torneo, que rankea para os Campionatos de España.

Dos tres representantes, Javier Benito que participaba na categoría sub 23, e que forma parte do equipo do club de División de Honor Nacional, pasou primeiro de grupo e foi pasando eliminatorias, ata chegar á final co granadino Rafael Casares, dous xogadores que se coñecen ben, e Javi non foi quen de superalo, e ainda que en sets igualados, perdeu por 3-0, finalizando como subcampión do torneo. Nesta categoría tamén representaba ao club Saleta López quen estivo a piques de pasar de grupo.

Na categoría benxamin, debutaba neste evento Xoan Vila, que leva un ano neste deporte, e sendo benxamin de primeiro ano xa clasificou para o mesmo, e a pesar de non clasificar para o cadro final, e non vencer en partidos do grupo, tivo unha actuación aceptable, e con partidos igualados, que pola falta de maior experiencia, non caeron do seu lado. A pesar diso, Xoan veu de Valladolid, contendo e con gañas de superarse par o vindeiro ano, no que será o seu segundo ano na categoría e terá mais opcións.

Lea también

O Esteo recibe al Sala Ourense en la primera de sus cuatro finales por la permanencia

O Esteo recibirá este sábado al siempre complicado Sala Ourense en un encuentro correspondiente a …