Abeledo solicita un plan de traballo para a erradicación do «Plumacho» en Narón

Ocupación simbólica en Río do Pozo en xaneiro – EU Narón

A Xunta acaba de activar a operación de erradicación de especies invasoras. Así figura na estratexia que quere poñer en marcha a consellería do Medio Ambiente, que acaba de destinar uns 370.000 euros para tentar conter as pragas que están poñendo en perigo a flora e a fauna autóctona de Galicia.

Esta iniciativa está dentro do Plan estratéxico para a xestión das especies exóticas invasoras en Galicia que dispón dun sistema de análise de riscos. Uns riscos que para a Dirección Xeral de Patrimonio Natural concéntranse nos vindeiros meses, especialmente, en catro especies vexetais e unha especie animal.

Entre esas medidas está a da loita pola erradicación da Cortaderia selloana (herba da Pampa). Dende EU Narón recordan que André Abeledo reuniuse en xaneiro deste ano có técnico Eliseo Zaera que traballou no concello de Oleiros no control da «Herba da Pampa«, e con varios veciños preocupados pola presencia do «Plumacho» ou «herba da Pampa» no Concello de Narón. Advertiu xa entón que esta é unha especie invasora que ameaza a biodiversidade da flora e a fauna autóctona o eliminar a vexetación local desprazando así a flora e a fauna da nosa terra.

Abeledo defendeu entón a necesidade de establecer en Narón un «Plan de Traballo» e un «Protocolo de Tratamento» para controlar e erradicar esta praga antes de que o problema se agrave. Entendendo que nun principio se deberían centrar os esforzos nos terreos municipais, polígonos, solares, e os marxes das carreteiras.

EU Narón lembra tamén que André Abeledo estivo acompañado por un grupo de rapaces desempregados do rural e de labregos de Narón ocuparon o 21 de xaneiro simbolicamente unha das parcelas do Polígono do Rio do Pozo. A ocupación simbólica fíxose nunha das parcelas máis afectadas pola invasión da «herba da Pampa» ou «Plumacho«. Dende EU Narón denuncian que esta é unha especie invasora moi perigosa para a biodiversidade galega e que debe ser combatida, e tamén defenden a formación de rapazas e rapaces desempregados para loitar contra a «herba da Pampa«, porque pensan que isto vai reverter positivamente en dous sentidos, crear postos de traballo e loitar para erradicar esta praga.

Abeledo entende que agora que a Xunta de Galicia parece disposta a tomar medidas é o momento para que xunto có Concello se estableza un “Plan de Traballo”, un plan que tome en conta a formación de persoas desempregadas para levar acabo este traballo de erradicación da «herba da Pampa» ou «Plumacho”.

Lea también

Ares acada o epicentro de Atenas no marco do proxecto europeo ‘Sporural’

A concelleira de Deportes de Ares, Alma Barrón, e membros do equipo técnico deportivo e …