A oito segundos quedou o Triatlón Ferrol do bronce no Estatal de dúatlon por relevos

Os triatletas durante a proba – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol volve de Boiro cun cuarto posto para o relevo escolar e un sétimo lugar para o equipo da Escola Javi Gómez Noya no campionato de España de dúatlon contra o relexo, ademais de sumar unha 34ª praza na xeral elite co equipo contra o reloxo.

Os canteiráns amosaron de novo o seu potencial como grupo ao ser cuartos no relevo formado por Juan Rejas, David Campos e Yago Suárez, só separados por oito segundos do podio. Na contra o reloxo, os escolares ferroláns situáronse sétimos despois de aplicar a estratexia de equipo marcada polo adestrador Jaime Ruiz para dar o máximo.

Na categoría elite, o Triatlón Ferrol sumou valiosos puntos para a Liga de Segunda División na que compite porque o grupo de contra o reloxo formado por Marcos Ruiz, Iván Puentes, Pablo Pedrosa, David García, Juanchi González e David Arias remataron na posición 34ª, por diante de clubs con individualidades maiores como o Arteixo de Alberto Castiñeira pero sabendo ser mellor equipo. Lamentablemente, no relevo, o trío departamental perdeu posicións por unha caída en bici de Marcos Ruiz, coa que perdeu un mínimo de tres minutos no ciclismo. Sen virse abaixo, Iván Puentes e Pablo Pedrosa tomaron o testemuño de Ruiz para deixar o club como 42º.

A maiores, o equipo open integrado por Iker Pita, Marcos Caneiro, Luis Rilo, Borja Catrufo, Gonzalo Jiménez e Carlos Cándano exhibiuse para ser 11º no campionato de España contra o reloxo.

Lea también

Ya a la venta las entradas para el partido en Villarreal del Racing Club Ferrol

El Racing Club Ferrol gestiona la venta de las entradas que el Villarreal le ha asignado …