Alumnado do colexio Santiago Apóstol plantou trinta árbores no paseo marítimo de Xuvia

O alcalde axundando a prantar – Concello de Narón

Un grupo de medio centenar de alumnas e alumnos de sexto curso de educación Primaria do colexio Santiago Apóstol de Narón abandoaron esta mañá un par de horas as aulas para participar nunhas xornadas de concienciación medioambiental impulsadas pola Corporación Masaveu, en colaboración co Concello de Narón. O alcalde, José Manuel Blanco; a primeira tenente de alcalde, Marián Ferreiro, e os edís de Servizos e Obras, Ibán Santalla e Pablo Mauriz, respectivamente, participaron tamén na iniciativa, que contou coa asistencia, por parte da Corporación Masaveu, de Alicia Castro, responsable de Relacións Institucionais e Comunicación; Fernando Fernández-Tresguerres, responsable de Medio Ambiente, e Carlos Hugo Huerta, director da planta Cementos Tudela Veguín que o Grupo Masaveu ten no municipio naronés.

Os alumnos e alumnas, coa axuda nalgúns casos do alcalde e dos edís do goberno local que acudiron ao acto, plantaron trinta árbores de tres especies distintas nas inmediacións da rúa Mercedes Vieto, no paseo marítimo de Xuvia, nun espazo cedido polo Concello para tal fin. Nesta sétima edición da convocatoria, os rapaces e rapazas plantaron oito exemplares de “abedul chino”; dez de “metrosideiro” –unha especie da familia dos mirtos, de folla perenne e con flor-, e doce máis de “cereixos de flor”. Trátase de especies de gran porte que poden alcanzar, na maioría dos casos, os vinte metros de altura e que se elixiron en función da súa resistencia ás zonas costeiras. Antes de proceder á plantación das árbores os alumnos e alumnas recibiron unha serie de explicacións por parte de xardineiros profesionais para proceder á correcta realización dos traballos. Plantaron as árbores en grupos de dous, deixando constancia da labor realizada por cada parella de escolares ao colocar unha cinta –a modo identificativo– co seu nome en cada unha das árbores que plantaron.

Rematada a plantación os rapaces e rapazas degustaron un aperitivo no local da Asociación de Veciños Altea, tamén en Xuvia, para a continuación partir novamente cara ao centro escolar.

Lea también

La Asociación de Hosteleros de Narón y Ferrolterra acuerda con el concello de Narón la ampliación del horario de cierre durante Semana Santa

La Asociación de Hosteleros de Narón y Ferrolterra ha dirigido una solicitud formal al Ayuntamiento …