O PP critica a demora do Concello para abrir o Punto de Atención á Infancia e os prezos “abusivos” fixados para a matrícula

(Cariño-A Pedra)

O Partido Popular de Cariño, encabezado pola súa portavoz, Marta López Pena, criticou hoxe a demora do Concello para abrir o Punto de Atención á Infancia (PAI) e os prezos “abusivos” fixados polo executivo local para a matrícula dos alumnos.

Os populares achacaron o atraso na apertura do centro á “falta de interese e a nula vontade”, do rexedor, Alonso Pumar, a quen acusaron de “faltar á verdade” e de tratar de “enganar” a uns veciños aos que lles prometeu que o PAI estaría aberto en setembro de 2016.

Neste sentido, López subliñou que non se pode tardar dous anos en arranxar unha documentación que noutros concellos teñen lista nun par de meses. “A falta de xestión e a incompetencia do alcalde privaron aos veciños de Cariño dun servizo moi necesario e moi demandado. O mínimo que merecen é unha desculpa”, dixo a popular.

Ademais do atraso na posta en marcha, desde o grupo municipal do Partido Popular han cualificado de “excesivo” o prezo da matrícula –95 euros para o primeiro ano e 60 euros para as matrículas de anos sucesivos-, cando noutros concellos similares ao de Cariño “ou non cobran nada ou establecen un prezo simbólico de 20 ou 30 euros”.

Horario para funcionarios

Sobre este asunto, Pena cargou tamén contra o horario establecido para o funcionamento do PAI- de 8 da mañá a 16 horas-, unha circunstancia que “limita as posibilidades” das familias que necesiten deste servizo.

Dá a sensación de que está pensado para funcionarios ou empregados públicos, esquecéndose do resto de familias con xornada laboral de mañá e de tarde”, criticou Pena, quen solicitará a ampliación do horario de apertura do centro para “facilitar a conciliación” familiar e laboral dos veciños de Cariño.

Por último, os populares instan a que o executivo local aclare se o equipamento e o mobiliario adquirido cumpre realmente coa normativa de seguridade esixida para este tipo de centros. “Sería moi grave que o que deixou comprado o alcalde agora non sirva e tivésemos que volver levar a cabo un gasto innecesario”, concluíu Pena.

Lea también

Valdoviño y Aspaneps favorecen el reciclaje de tapones de plástico

El Ayuntamiento de Valdoviño y Aspaneps, Asociación de Padres de Niños con Problemas Psicosociales,  inician …