Camila Alonso reedita título Iberoamericano

Camilo Alonso co resto de medallistas – Federación Mexicana de Triatlón

A ferrolá Camila Alonso logrou gañar de novo o campionato Iberoamericano de tríatlon con case 40 segundos de vantaxe sobre as perseguidoras.

Cunha natación notable, foi quen de situarse en cabeza no ciclismo e, xunto a unha das rivais brasileiras, marcar distancia co pelotón. Comezado o sector de carreira a pé, a internacional do Triatlón Ferrol xa marchou en solitario para aguantar até a meta o liderado.

Deste xeito, cun tempo de 1:02:30, Camila Alonso revalidou o título conseguido en 2016 en La Habana e abre con éxito a tempada de tríatlons.

O próximo reto chegará o domingo 26 coa Copa de Europa de Gran Canaria na que coincidirá na liña de saída coa súa irmá Melina Alonso e co groso do equipo elite do Triatlón Ferrol, con Carmen Gómez e Ana Carvajal. Só haberá as ausencias obrigadas por lesión de Miriam Casillas, Tamara Gómez e Inés Santiago.

Lea también

Reserva de entradas para el partido del Racing Club Ferrol frente al CD Tenerife

El Racing Club Ferrol gestionará la reserva de las entradas que el CD Tenerife le ha …