David Arias clasifícase no Dúatlon de Santiago para o campionato galego

Iván Puentes cando lideraba a proba – Triatlón Ferrol

A falta dun último clasificatorio, o Triatlón Ferrol contará no campionato galego con sete duatletas despois de que o veterano David Arias se fixese coa seu billete directo en Santiago.

O Dúatlon Concello de Santiago foi, pese a esa boa nova, unha proba accidentada para o club ferrolán porque nin Iván Puentes nin Pablo Pedrosa nin Yago Suárez nin Juan Rejas puideron rematar a proba por lesións, caídas ou mesmo unha inoportuna picada na bici.

Aínda así, o Triatlón Ferrol puido ser noveno por clubs cos tempos de David Arias, Juanchi González e Carlos Cándano e, na competición feminina, Emma Romeo acadou o bronce junior.

Seis medallas para a Escola Javi Gómez Noya

No Dúatlon Escolar de Santiago, a Escola Javi Gómez Noya compilou dous ouros coa benxamín Rebeca Teijeiro e a alevín Sabela Caneiro, unha prata co infantil Marcos Gómez e tres bronces conseguidos polos infantís e Hugo Prida e o cadete Jorge Morado.

Lea también

June Moreno, quinta en la copa junior de Lignano

El pasado fin de semana se disputó en Italia, la Copa de Europa de Lignano, …