Este domingo, II feira do queixo en Moeche

Este domingo, día 26, Moeche acolle a Feira do Queixo, unha segunda edición  que  reafirma a súa aposta polo queixo artesán de calidade,  pola poteciación dun produto propio do municipio, o Queixo de Moeche, así como dun xeito moi especial nesta edición polos novos valores galegos e os mestres queixeiros, co fin de consolidarse como cita anual no ámbito da produción do queixo.

Esta nova edición  conta cun  notable aumento de produtores de queixo respecto ao da ano anterior así como  de novidades que se irán  avanzando nos próximos días.  Un total de 28 produtores, 21 de queixo, 4 de pan e 3 de mel confirmaron a súa presenza na nave do recinto feiral para ofrecer  os mellores queixos, queixo graso, fresco, tetilla, curado, semicurado, azul, etc, queixos de  Moeche, a comarca, Cuntis, de Castela, do Caurel, de Arzúa, produtores de queixo de  León , de Suiza, Italia e Francia,etc. acompañados de produtores de mel de Galicia e de pan e doces artesáns.

A partir das 10.00 da mañá a feira abrirá as súas portas ata as 17.00 horas. Celebraranse degustacións e presentacións das máis recentes novidades na produción de queixo no noso país.

A xornada  acollerá a actuación do grupo de música tradicional Encrucillada, e ao longo do día  desenvolveranse  varios obradoiros infantís de mañá e tarde para entretemento dos máis novos.e  rematará a xornada co espectáculo do Mago Charlangas.

Está convocado o Concurso de  receitas  de queixo , con dúas modalidades, receitas salgadas e doces, que se deberán presentar o mesmo día 26 antes das 11.30. 

O Concello solicitou de novo aos establecementos hosteleiros a súa implicación ofrecendo ese día pinchos elaborados a base de queixo de Moeche. Así mesmo, desde o Concello comunica que funcionará coa colabouración de FEVE do Tren do Queixo, uha oferta que tivo unha excelenete acollida na pasada edición.

Lea también

La formación en suelo pélvico y su gestión para prevenir patologías llega a Ortigueira en mayo

Tendrá lugar el viernes 24 en el Local Social de San Adrián de Veiga y …