Preto de trescentas persoas participaron nunha nova andaina do programa municipal naronés «Ponte en ruta con nós»

Un total de 270 persoas apuntáronse á andaina que tivo lugar na mañá deste domingo entre Prioriño (Ferrol) e San Xurxo, pasando por Lobadiz, nun tramo duns trece quilómetros, aproximadamente. A iniciativa formaba parte dunha nova andaina do programa municipal “Ponte en ruta con nós”, impulsada polo Padroado de Deportes de Narón e a empresa Arasti Barca.

Os camiñantes reuníronse ás 9.00 horas no pavillón polideportivo da Gándara, donde un autobús os recolleu para ir ao punto de partida da ruta, na zona de Prioriño. Desde alí os participantes na andaina percorerron a pé un tramo ata San Xurxo e ao remate o bus recolleunos de novo para regresar ao polideportivo da Gándara, poñendo así fin á camiñata.

Durante o percorrido o grupo realizou algunha parada para un avituallamento e, ao tempo, gozar das espectaculares vistas desde algún dos puntos desta ruta. Voluntarios de Protección Civil de Narón colaboraron, como é habitual, nesta actividade deportiva e a través da que se dá a coñecer o patrimonio cultural e natural do municipio naronés e, en ocasións como neste caso, tamén doutros limítrofes da comarca.

A vindeira andaina do programa “Ponte en ruta con nós” terá lugar o día 23 de abril –en lugar do 30, tal e como se anunciou inicialmente-. As persoas interesadas poden anotarse a partir do luns 3 de abril ata esgotarse as prazas dispoñibles nas instalacións do pavillón polideportivo da Gándara, cubrindo a pertinente instancia e pagando unha cuota de tres euros para facer fronte aos gastos dos desprazamentos en autobús.

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …