Cedeira organiza para os días 14 e 15 as primeiras saídas do programa Xeorutas

Fot. Xosé Cheda

(Cedeira, corresponsalía)- Avanzando na creación do Xeoparque do Cabo Ortegal – iniciativa da que participan os municipios de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño- os concellos de Cedeira e Moeche adiántanse a temporada estival e anuncian para Semana Santa as primeiras saídas sendeiristas para coñecer a riqueza xeolóxica existente en ámbolos dous territorios. As excursións, no caso de Cedeira, terán lugar os días 14 e 15 de abril.

Na primeira xornada, os interesados poderán visitar a praia de Areas Negras, un percorrido que tivo unha moi boa acollida durante a pasada temporada. No 2016 fixéronse un total de 33 saídas e a participación superou as 170 persoas só no primeiro mes.

Para o sábado día 15 resérvase a principal novidade deste ano, a incorporación dunha cuarta ruta ao programa, a denominada “granate”. O traxecto previsto terá como punto de partida o santuario de San Andrés de Teixido e chegará ata a denominada ensenada de Cortes.

De cara aos meses de verán, ás devanditas rutas haberá que engadir as do Cromo e a dos Cantís. A presentación da programación conxunta de Cedeira e Moeche terá lugar o luns día 10 de abril. O acto será na vila cedeiresa.

Lea también

16 negocios de hostelería participan en una nueva edicion de “Neda a petiscos”

El Ayuntamiento ha presentado este viernes 19 una nueva edición de “Neda a petiscos”. La …

Un comentario

  1. Luz Gómez Villadóniga

    Hola , se puede anotar ya para las georutas?
    Se puede hacer por internet?
    Gracias