As irmás Alonso, a polo título de campioas galegas de dúatlon

Camila e Melina Alonso – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol contará nove duatletas no campionato galego de dúatlon con Melina e Camila Alonso como máximas referentes.

As irmá Alonso parten como favoritas aos postos de podio, completando a representación feminina a cadete Emma Romeo.

Pola súa banda, sen Marcos Ruiz, será Iván Puentes quen lidere o equipo do Triatlón Ferrol que ansía rematar no top-5 do campionato galego, onde os clubs presentan as súas mellores bazas, despois de pechar un circuíto galego con tres bronces. Xunto o junior Iván Puentes, os cadetes Yago Suárez e Juan Rejas, o sub-23 Pablo Pedrosa e os veteranos David García e Marcos Caneiro serán da partida este domingo en Vigo.

Pola súa banda, Juanchi González, a un paso de conseguir a praza para o campionato galego en Arteixo, e Alberto Caneiro, participarán no dúatlon popular previo á disputa dos títutlos.

O Dúatlon de Vigo desenvolverase este domingo en distancia sprint de 5 km de carreira a pé, 20 km de ciclismo e 2,5 km a pé.

Lea también

Álex Rilo, representación ferrolana en la Copa del Mundo de Lievin

El ferrolano Álex Rodríguez Rilo disputará este sábado la Copa del Mundo de Lievin en …