Camila Alonso, campioa galega de dúatlon grazas a un cambio de ritmo a 100 metros da meta

Camila y Melina Alonso no podio – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol culmina o campionato galego con Camila Alonso, ouro, e Melina Alonso, bronce, no máis alto do podio.

Despois dun primeiro sector de carreira conservador, catro duatletas, entre as que se atopaban as irmás Alonso, colaboraron no ciclismo gardando forzas. Nos últimos compases dos 20 km, Melina Alonso tentou dúas escapadas pero un circuíto moi plano non o permitiu.

“Sabía que todo se decidiría nos últimos 2,5 km e que había que facer unha boa transición”, relata Camila Alonso, que saíu primeira a correr o sector definitivo. A 100 m da meta, a ferrolá decidiu dar un cambio de ritmo para apostar por un triunfo sufrido.

A maiores, os canteiráns Iván Puentes e Emma Romeo lograron medallas nas súas categorías. El como o mellor cadete e ela como bronce junior.

Por clubs, os tempos do cadete Iván Puentes –sétimo da xeral nunha proba chea de internacionais-, de David García e de Marcos Caneiro déronlle ao Triatlón Ferrol a sétima praza do campionato galego.

Lea también

O Club Kang competiu na 6ª Edición Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra

Este sábado o Club Kang, clubes de taekwondo e Kickboxing, con sede en Fene e …