TEGA, PSOE, BNG e EU participan nos actos programados en recordo das persoas represaliadas polo réxime franquista

Os grupos municipais de TEGA, PSOE, BNG e EU participarán o vindeiro venres, día 21, nos actos programados con motivo do 86 aniversario da proclamación da II República, que se cumpriu o pasado 14 de abril. Asistirán tamén en calidade de organizadores representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática. Este ano os actos desenvolveranse en tres localizacións do municipio naronés, a modo de recordo das persoas represaliadas polo réxime franquista na época da ditadura por defender a liberdade, o progreso social e a legalidade republicana.

O programa iniciarase ás 11.30 horas na fosa común do cemiterio de San Mateo, donde terá lugar unha ofrenda floral. Media hora máis tarde, ás 12.00, haberá outra ofrenda floral, neste caso xunto ao monolito en lembranza das vítimas localizado xunto ao camposanto do Val.

Por último, en recordo das mulleres violadas, humilladas e asasinadas deixaranse trece rosas xunto á árbore de Gernika localizada fronte ao Pazo da Cultura, ás 12.30 horas, para condenar eses feitos e incidir na necesidade de defender a igualdade.

Lea también

Valdoviño incorpora a la plantilla municipal tres auxiliares de Policía Local

El Ayuntamiento de Valdoviño incorporó a la plantilla municipal 3 auxiliares de Policía Local, aumentando …

2 comentarios

  1. Sí que andan rápidos para eso. Sin embargo, a 20 de abril que estamos, aún no han tenido tiempo para presentar los presupuestos. Ya no digo aprobarlos, si no simplemente presentarlos.

  2. Bueno…. otros presentan mociones para ayudar a las familias….