Permanencia lograda polo Triatlón Ferrol na Liga Nacional de Dúatlon

Equipo masculino do Triatlón Ferrol – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol acadou un histórico sétimo posto na Liga masculina de Segunda División en dúatlon ao conseguir ser sétimos no campionato de España por clubs.

Un espléndido Iván Puentes, cuarto da xeral por detrás de internacionais do nivel de Fernando Alarza e Antonio Serrat, marcou o camiño para o resto do equipo. David García, David Arias e Pablo Pedrosa en top-50, máis os postos duns regulares Juanchi González, Marcos Caneiro, Jaime Ruiz e Iker Pita, premiaron o equilibrio dos homes do Triatlón Ferrol cun sétimo lugar na xeral do campionato.

Desta forma, sumando as catro xornadas de Liga, o club departamental consegue a permanencia cunha ampla marxe de máis de 30 puntos.

Lea también

Boa actuación dos másters galegos no Campionato de España de 5K

Excelente balance para o atletismo máster galego que voltaba esta fin de semana cun total …