Pablo Pedrosa, vixésimo no Europeo de dúatlon

Pablo Pedrosa durante a competición – Triatlón Ferrol

O departamental Pablo Pedrosa rematou 20º no Europeo de dúatlon, dentro do grupo de idade de 20-24 anos, no seu debut sen drafting.

O canteirán do Triatlón Ferrol comezou forte, colocándose no top-10 ao remate do primeiro segmento a pé. No ciclismo, nunha xornada de moito vento, Pablo Pedrosa sufriu especialmente rodando en solitario sen poder chupar roda e conseguir colaboración. A maiores, ao local comezou a darlle flato na última carreira a pé e así foi perdendo posicións até rematar vixésimo.

Ao cruzar a meta, Pablo Pedrosa valorou a súa participación de forma positiva porque lle sirve para gañar experiencia nun novo formato. “Todo suma”, afirma o ferrolán cun sorriso na boca.

Lea también

Nova edición do «Campus de Fútbol de Verán da Fundación Celta» en Ares

A casa consistorial de Ares acolleu a presentación oficial do Campus de Verán de Fútbol …