A Deputación e o Concello de Cerdido colaboran nas obras de mellora de varios camiños municipais

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a licitación de varias obras en camiños municipais no municipio de Cerdido. En concreto, trátase das obras de mellora dos camiños de Rego de Madeira ao límite do concello (Os Casás), do que vai de Felgosas a Casaldaia de Arriba e doutros viais locais, nos que a Deputación e o Concello investirán 125.000 euros.

O 80% do financiamento total de ambos proxectos será achegado pola Deputación, mentres que o 20% restante corresponderá ao Concello de Cerdido.

As obras consistirán na limpeza, fresado e posterior renovación da capa de rodadura do camiño que une Felgosas e Casaldaia de Arriba, en A Barqueira, cunha lonxitude de case dous quilómetros. Tamén serán obxecto de melloras o Camiño do Rego da Madeira a Os Casás (165 metros), o acceso ao lugar de O Piñón (A Barqueira), de 80 metros; o acceso e os camiños interiores de Casavella, cunha superficie total de 175 metros; e os accesos a Xiao e Redordaos.

O proxecto inclúe ademáis melloras no alumeado público nos núcleos de Fercoi e Seixas, coa instalación de novas luminarias.

Lea también

Ares acada o epicentro de Atenas no marco do proxecto europeo ‘Sporural’

A concelleira de Deportes de Ares, Alma Barrón, e membros do equipo técnico deportivo e …