Ferrol, de froles cuberto pola Festa dos Maios

Cartel do evento – Concello de Ferrol

Ferrol, de frores cuberto. A cidade celebrará este xoves 4 de maio a súa particular festa dos Maios na praza de España cunha gran festa intercentros e multitudinaria impulsada desde o Concello de Ferrol (Educación, Cultura, Festas e Normalización) e a coordinadora de equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

Iniciase as 10:00 horas e prolongarase ata as 13:00 horas. Participan preto de 2.000 escolares de catorce centros públicos e concertados da comarca.

Inicialmente, esta gran Festa dos Maios estaba prevista para o venres 5 pero adiantouse ao xoves 4 a vista da previsión meteorolóxica, moito mais favorable para a xornada de mañá, e para axudar a garantir o éxito de participación, explicaba hoxe o concelleiro de Educación, Cultura e Festas, Suso Basterrechea.

Lembra que o tempo xa obligara a suspensión da mesma na data fixada en maio do 2016, polo que este ano se retoma esta aposta, se cadra, aínda con mais ganas de que sexa un éxito para os pequenos e unha mañá de convivencia e recuperación da tradición.

Pola súa banda, desde a coordinadora expoñen que hai xa máis dun ano que traballan coa idea duns maios compartidos e intercentros para os colexios de Ferrol, coa vontade e o ánimo de recuperar a funcionalidade histórica e a funcionalidade oral.

Os participantes son alumnos dos CEIP de Pazos, CEE Terra de Ferrol, CEIP Almirante Juan de Lángara, CEIP Ponzos, CEIP Isaac Peral, CPR Ludy, CEIP Manuel Masdías, CEIP Recimil, CPR Belén, CPR Cristo Rey, CPR Lestonnac, CEIP Cruceiro de Canido e inclusive colexios doutros concellos da comarca como o CEIP Piñeiros de Narón ou o CEIP Casais de Fene. A eles uníronse asociacións como a Fundaçom Artabria e Geriatros Ferrol.

A festa terá lugar na Praza de España, con Teatro Ghazafelhos como mestres da cerimonia que irán chamando a cada centro para que poñan en escena as súas cantigas ou danzas sobre o escenario e ademais subirán o maio do seu centro para que todas e todos podan velo.

Haberá un recreo no que se repartirán 2.000 merendas saudables antes de retomar a festa con Uxía Lambona e a Banda Molona poñerán música á parte final da festa. É de destacar que durante o espectáculo, vaise gravar un vídeo do evento que será entregado a cada centro como agasallo.

Canido, Festa dos Maios do 3 ao 7

En paralelo, cómpre lembrar que do 3 ao 7 de maio, o barrio de Canido celebra as súas festas dos Maios cunha chea de actividades que pasan por obradoiros, xogos populares, cabezudos, Inventa unha flor, maxia, atraccións, e música, coa colaboración entre Muíño do Vento, a AVV de Canido e o Concello de Ferrol.

Lea también

Ares entrega os premios do IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares

Concello de Ares e CPI As Mirandas entregaron esta semana os premios do IV Concurso …